Benvida

Ola 

Saúdos dende o IES 

Queremos abrir a porta do Instituto e amosaros nestas páxinas o noso traballo no ámbito das  ciencias e a tecnoloxía.

 

Queremos ser conscientes de que somos parte de Gaia, coñecer para poder comprender e amar o mundo que nos rodea do que somos parte.

Este blog é froito do traballo en equipo que se iniciou en setembro de 2010, levado a cabo entre o alumnado co que teño a sorte de compartir esta experiencia educativa. Investiga nas categorías aquelas que máis te interesan: anatomía, bioloxía, cultura científica, Tics, etc.

Nacho V

Educar é esa palabra madura, viaxeira,

Que se enche de significados nos camiños.

Que nace do compromiso.

Que explora camiños de dentro-sentir-pensar

cara a fóra-dicir.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará