Almorzo

Dentro da túa carpeta persoal compartida co profesor en Drive, realiza en presentacións en DRIVE un traballo titulado ALMORZOS SAUDABLES. Asegúrate que está compartida  a presentación  co teu profesor.

Pon unha imaxe en cada diapositiva e non máis dunha frase de texto. Coida a ortografía. (ata -5 puntos non seguir estas pautas). Podes fixarte  no idioma da presentación (mellor en galego) e revisar  palabras marcadas en vermello como descoñecidas ou erróneas.

 

Debes incluir un índice e 5 capítulos:

o.- Un limiar ou índice con estes  apartados numerados por capítulos. (1 punto)

1.- A miña alimentación: Explicación dos alimentos que soes cear e almorzar. (2 puntos).

2.- Almorzo saudable: Buscar e comentar os alimentos  dun almorzo saudable neste pdf.Almorzo saudable.  Por que é a comida máis importante do día?(2 puntos).

3.- Nutrientes do almorzo: Información sobre os distintos tipos de nutrientes principais en cada alimento e a súa función. (1 puntos).

4.- Compara ese almorzo ideal e saudable co teu. Que deberías cambiar algo no teu? Por que? (2 puntos).

5.- Rendemento escolar: Comenta se os teus resultados académicos foron bos ao ano pasado e ou neste trimestre. Pode un mal almorzo influír no rendemento escolar? pdf.Almorzo saudable.(2 puntos).

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Anatomía e etiquetada . Garda o enlace permanente.