Ola
Saúdos dende o IES
Queremos abrir a porta do Instituto e amosaros nestas páxinas o noso traballo no ámbito das ciencias e a tecnoloxía.
Queremos ser conscientes de que somos parte de Gaia, coñecer para poder comprender e amar o mundo que nos rodea do que somos parte.
Este blog é froito do traballo en equipo que se iniciou en setembro de 2010, levado a cabo entre o alumnado co que teño a sorte de compartir esta experiencia educativa. Investiga nas categorías aquelas que máis te interesan: anatomía, bioloxía, cultura científica, Tics, etc.
Nacho V
Educar é esa palabra madura, viaxeira,
Que se enche de significados nos camiños.
Que nace do compromiso.
Que explora camiños de dentro-sentir-pensar
cara a fóra-dicir.