Acabamos de ver unha interesante reportaxe sobre o control do clima e sobre o cambio climático, titulado «Cambio climático-Naturaleza bajo control-Planeta amenazado».
Este documental danos unha importante información sobre unha nova maneira de incidir sobre o clima, o control do tempo. Este control e feito por China, que mediante o lanzamento de proxectis cun determinado composto e capaz de manipular a choiva, pero… Que influencia ten este feito sobre o clima noutros lugares?
Ata agora a historia dounos unha lección sobre a manipulación da natureza, que non pode ser boa. Pode que con este «invento» podamos conseguir os nosos obxectivos a curto prazo, pero o que esta claro e que estes obxectivos poden ter unha repercusión moi grave cos anos como actualmente estamos vendo co quecemento global.
Creo que este atentado contra a natureza agravará aínda máis os futuros efectos do aumento do efecto invernadoiro, a parte de que esta manipulación pode deixar temporalmente outras zonas sen auga.