TIC 12b: Comentar PLE

Precisas informarte para poder avanzar comenta unha idea de cada vídeo....

 Vídeo: ¿Que é un PLE?
Vídeo: PLE. Ambientes personais de aprendizaxe. (Linda Castañeda)
 Vídeo: PLE. Ambientes personais de aprendizaxe. (Guadalinfo)
 Vídeo: Web 2.0 ou Web social.
 Vídeo: As Redes Sociais.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

5 Responses to TIC 12b: Comentar PLE

  1. emma2d di:

    – Un PLE é un enfoque de aprendizaxe informal (non hai exames, non hai programa…), non é unha plataforma nin algo que poidas instalar. Aprendes establecendo uns obxectivos, escollendo os teus contidos e ferramentas (sempre con bo criterio á hora de elexir onde obter esta info.).

    – Un PLE ten tres partes básicas: onde lemos, onde reflexionamos e onde compartimos. Unha parte moi importante do PLE son as redes sociais, xa que nos permiten enriquecernos do coñecemento doutras persoas.

    – A subscrición a canles RSS pódeche proporcionar noticias, podcasts e comentarios interesantes para un tema de estudo.

    – A maioría das aplicacións son gratuítas, o que favorece tamén as interaccións de usuarios en todo o planeta.

    -No mundo real a maioría das conexións entre persoas están escondidas; as redes sociais permítenche visualizalas e sacar todo o seu potencial.

    Para máis información: http://maestros20.webnode.es/ple-entornos-de-aprendizaje-/como-crear-tu-ple/

  2. nerea2e di:

    No primeiro vídeo a idea principal que podemas sacar é o que é un PLE; un PLE é un enfoque do aprendizaxe non formal no cal non hai exames, ti escolles os teus propios mestres e as túas propias ferramentas de estudo.
    No segundo vídeo podemos ver que un PLE organizase principalmente en tres tipos de ferramentas e sitios onde ti podes obter ou deixar a información e tamén onde te podes relacionar con outras persoas.
    No terceiro video podemos saber no que nos pode axudar un profesor sendo o noso guía para saber aproveitar a información.
    No penúltimo vídeo nos explican o que é una Web 1.0 e tamén o que é a Web 2.0 é como podemos interatuar nelas.
    No último vídeo nos explica a importancia de todas as redes non só das redes sociais e tamén nos di o que son as redes sociais e as ventaxes e inconvenientes que teñen.
    Se querees saber máis da Web 2.0 podes mirar esta páxina:http://recursostic.educacion.es/observatorio/web/es/internet/web-20/1060-la-web-20-recursos-educativos

  3. david2e di:

    -Personal Learning Enviroment é un emprego ou enfoque do aprendizaxe. Está composto por tres compoñentes básicos: Ferramentas, Fontes e Redes de contactos. Nun PLE establecemos relación cuns contactos que son cos que nos comunicamos e compartimos información.

    -O PLE non é unha ferramenta senón unha contorna de traballo, onde nós utilizamos as ferramentas necesarias para obter a información que desexamos.

    – As Contornas Persoais de Aprendizaxe ou Persoal Learning Enviroments (PLE) son un concepto emerxente que nace do conectivismo e de ideas como o autoaprendizaje, o long life learning ou a aprendizaxe informal.

    -Na web 2.0 o usuario comeza a interactuar, é dicir a participar e crear contidos. Esta web aproveita a intelixencia coletiva.

    -O video trata do gran potencial que teñen as redes sociais para crear redes de conactos de interese e poder comunicarnos, pero como todo nesta vida teñen as súas ventaxas e inconveñentes.

  4. danielcouso2e di:

    1º Un PLE é un enfoque do aprendizaxe informal onde basicamente o creador do PLE elixe os seus recursos , dende os mestres ata as ferramentas , e ademais conta coa comunicación entre diferente persoas mediante redes sociais , foros , etc….
    2º Se dividísemos un PLE atoparíamos tres partes , a primeira onde atopamos a información , a segunda onde a modificamos e a última onde a compartimos mediante relacións con outros usuarios.
    3º A función dos canles RSS nun PLE permiten ao usuario do PLE manterse informado das noticias e información que resultan importantes para el mesmo.
    4º Coas web 2.0 actualmente calquera pode compartir información , relacionarse cos demais usuarios , acceder a calquera ferramenta na nube , crear contido e a recuperación de información co uso de etiquetas.
    5º As redes sociais permítenos ver aquelas conexións ocultas que na vida real non poderíamos ver porque están ocultas dando desta maneira mais oportunidades para atopar noutras persoas.

  5. sheila2e di:

    1º No primeiro vídeo o profesor Jorde Adell explica que un PLE (acrónimo inglés de “Personal Learning Environment”) caracterízase por ser unha nova forma de aprender, que non debemos confundir cunha aplicación ou plataforma; onde cada persoa escolle os seus propios contidos e obxectivos. Ademais di que o PLE permite empregar as posibilidades que ofrece Internet; como as ferramentas, os recursos ou fontes de información, e a rede ou conxunto de persoas coas que interactuar.
    2º O segundo vídeo pretende aclarar como se organiza un PLE. Para isto comenta os compoñentes do noso entorno persoal de aprendizaxe que son: as fontes de información, o uso que lle damos a esa información e a forma que empregamos para compartila.
    3º No terceiro vídeo exemplifícase o desenvolvemento dun PLE. Fálanos de María, unha profesora que renega das técnicas de aprendizaxe tradicionais e prepara aos seus alumnos para o uso de diversas ferramentas tecnolóxicas que lles permitan desenvolver o seu entorno persoal de aprendizaxe. Despois explica o método de traballo dos seus alumnos a través de Alejandro e o seu traballo sobre o fenómeno migratorio.
    4º O cuarto vídeo fala da Web 2.0, unha evolución da Web 1.0. Nesta nova web os usuarios pasan de ser uns meros espectadores a interactuar na rede, facéndoa máis dinámica
    5º No último vídeo podemos entender as web de redes socias como aquelas que fan visibles a conexión entre dúas persoas. As persoas sempre interactuaron entre si, pero coa creación das redes socias estas conexións ampliáronse e móstranse na rede.
    Para facervos unha idea do impacto das redes sociais podedes ver o seguinte vídeo sobre a revolución das mesmas: https://youtu.be/ZMugxB7Weak?list=RDbKZQGnGt0tw