TICS 10: Entornos Personais de Aprendizaxe

Unha nova maneira de entender a aprendizaxe…

Comenta  a idea principal….

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

28 Responses to TICS 10: Entornos Personais de Aprendizaxe

  1. mateo2b di:

    A idea principal deste vídeo é ensinar á xente o que é un PLE. Mediante este vídeo móstranse as caracteristicas principais do PLE, como se usa, para que serve, as ferramentas que se poden utilizar, como publicar e saber ao que estas subscrito.

    Tamén fala das relacións que se poden ter coa xente e a importancia de saber o que fas e o que tes ao teu alcance.

  2. marioferro2b di:

    A idea principal deste vídeo é ensinar á xente que é un PLE, de que serve e como se utiliza, explicando o tres partes principais que compoñen un PLE, que son compartir e reflexionar.

    Fai unha relflexión final dicindo que o PLE é xerar unha escola-educaión diferente.

  3. daniel2b di:

    A idea principal dun PLE é que se trata dunha aplicación ou conxunto de aplicacións utilizadas por un aprendiz para organizar o seu propio proceso de aprendizaxe ou como un concepto que define as actividades que poden realizar os distintos tipos de aprendices.
    Ademáis un PLE é unha contorna persoal de aprendizaxe é unha forma concreta de aprender. Por forma entendemos onde se aprende, en que contexto (facendo que), con quen aprendo e como me relaciono coas persoas coas que aprendo.
    A idea principal é que é un conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender.

  4. gabriel2b di:

    Neste vídeo fálase sobre o concepto de PLE como o noso entorno de aprendizaxe(non como ferramenta), o conxunto de ferramentas que usamos e como usamos a información que posuimos. Tamén se fala de como podemos obter esa información en diversas fontes e administralas e xestionalas no noso escritorio e tamén no google reader.
    Logo de ter a información, trátase de reflexionar acerca dela na web 2.0 .
    Para rematar falamaos das redes sociales onde podemos comunicarnos entre outras persoas, para intercambiar experiencias como en Twitter, o intercambiar os nosos perfiles como en Facebook coa finalidade de ser máis sociales.

  5. ivan2b di:

    Neste vídeo, a idea principal é claramente explicarnos como é e que é un PLE, no vídeo dan como partes importantes: Onde lemos? Onde reflexionamos? E, Onde compartimos?. Tamén nos lembra que o PLE non é unha ferramenta senón unha contorna de traballo, onde nós utilizamos as ferramentas necesarias para obter a información que desexamos.

  6. alejandro2d di:

    A idea principal do vídeo é explicar correctamente o que é un PLE e o seu enfoque.

    Explicanos que o PLE é básicamente ler, reflexionar sobre o que se lee e compartilo co resto de xente a través de distintos medios. Pero todo isto de maneira correcta, sabendo onde o hacemos e cómo o hacemos.

    O PLE permiteche aprender o que che apetece e xuntarte con aquelas persoas que tamén o aprenderon.

    Básicamente o PLE é como un tipo de escola ou educación.

  7. brayan2d di:

    A idea deste vídeo é ensinar o que é exactamente o PLE e como se utiliza. Xa que este pode ser un bo método de enfocar a aprendizaxe. Tamén cita as partes importantes dun PLE e o conxunto de ferramentas que temos que usar para publicar algo.
    Tamén fala de como podemos recoller a información en disitinto sitios ou fontes para despois compartilas e administralas cada un personalmente.

  8. joao2e di:

    O video tem como objetivo explicar o que é um PLE. Mostra o significado do mesmo, que é um conceito pedagógico, e que está relacionado as perguntas, “Onde aprendo?”, “Fazendo oque?”,”Com quem?” e com o “Dar e receber”. Fala tambem de como se pode dividir a PLE em fases de “Ler” (Fonte de informação), “Reflexionar” (o que fazer com esta informação) e a PLN (compartilhar a informação).

  9. diegomoral2e di:

    A idea principal do video e explicar o concepto de PLE. Para iso, divide o PLE en tres partes ben diferenciadas que son:
    1ª Ler. As fontes de información, onde lemos. Un dos maiores problemas dos PLE, a aparición de demasiadas fontes de información.
    2º Reflexionar. Onde aprendemos, onde modificamos a informaciónn, onde poñemos en practica a información aprendida.
    3º Compartir. A nosa rede personal de aprendizaje. Onde compartimos a nosa información e falamos con outras personas.
    Con este vídeo a ponente explica o sentido máis amplio da palabra PLE, todas as posibilidades que ten e como deberiamos utilizalo para que sexa útil.

  10. david2e di:

    A idea consiste en explicar o concepto do PLE ou Entorno Persoal de Aprendizaxe.
    É un enfoque pedagóxico de aprendizaxe, na cal se utilizan unha serie de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender.

    Tamén cita que é moi importante organizar e administrar a información que nos chega xa que así podremos acceder a ela dun xeito máis sinxelo e non teríamos un sobre exceso de información.

  11. braisramos2e di:

    Este vídeo ten como obxectivo principal ensinarnos que é un PLE e en que se basea.
    Segundo o vídeo, un PLE é unha forma concreta de entender como se aprende e en que contextos. Este sistema de aprendizaxe baséase en LER, é dicir, de onde sacamos a información que logo aprendemos, REFLEXIONAR, é dicir, onde modificamos esa información e, por último, COMPARTIR, que consiste na creación do noso Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLN), con quen nos relacionamos.

  12. danielcouso2e di:

    Este vídeo trata de ter a idea principal do que é un PLE e todo o que debería de contar calquera PLE. Ademais de falarnos de certas ferramentas que poden axudar a mellorar o noso PEL tamén nos fala de por exemplo Symbaloo que nos permite ter unha maneira de organizar todo en conxunto .Tamén incide moito na idea de que un PLE ten un ámbito moi importante que son as relacións sociais con outras persoas, que se concentran na terceira parte chamada PLN.

  13. pabloben2e di:

    A idea principal do vídeo é explicar de una maneira clara o que é un PLE o Personal Learning Enviroment, que é un conxunto de ferramentas, fontes de información, conexiones e actividades que cada persoa utiliza para aprender, unha nova maneira de aprender.

    As tres partes básicas de un PLE son compartir, ler e reflexionar.

    En definitiva un PLE é o futuro do aprendizaxe.

  14. juditrodriguez2d di:

    Como idea básica deste vídeo temos a explicación do que é un PLE como concepto pedagóxico e non como concepto tecnolóxico. Tamén nos fala das suas tres partes básicas: as fontes de información, onde modificamos esa información e a nosa rede persoal de aprendizaxe.
    Continúa recalcando o importante que é verificar as fontes dás que obtemos a información e organizala con algún tipo de ferramenta.
    Por último, explica como o PLE cambia de forma radical o entorno tradicional de aprendizaxe e xenera unha nova forma de instruír.

  15. rebecagonzalez2e di:

    Neste vídeo explícase a idea de PLE (Personal Learning Enviroment) como un conxunto de fontes, ferramentas e relación con outras persoas na que unha persona aprende lendo diversa información de Internet, reflexionando sobre ela para comprendela de compartíndoa cos demais para manter un equilibrio entre dar e recibir. Por todo isto, un PLE non é unha forma de ensino máis, senón un entorno de aprendizaxe.

  16. mariacristina2e di:

    A idea principal de este vídeo é explicar o que é un PLE, como funciona e como usalo.
    No vídeo di que un PLE é unha forma para aprender e o contexto de aprendizaxe. O concepto PLE ten que ver con onde se aprende, coas cousas que facemos nel, con quen o facemos e con ter unha relación de dar e recibir coas persoas que te axudan. Ten tres etapas: ler, reflexionar e compartir.
    En xeral, un PLE é un conxunto de ferramentas, fontes de informacion e actividades que cada un usa para aprender.

  17. iria2d di:

    A idea principal do vídeo é explicar o que é o PLE. Explica as ferramentas que se empregan e para que se empregan, as súas partes e como publicar. Tamén di que nos permite dialogar, compartir experiencias e aprender doutras persoas.
    Ao final do vídeo fala sobre que o PLE debería xerar unha maneira diferente de educar.

  18. emma2d di:

    Este vídeo ten como obxectivo aclarar o concepto de PLE e explicar como se organiza, dando a base teórica necesaria para poder organizar o teu propio PLE.

    Ao longo do vídeo ofrece exemplos reais para mostrar como estes medios de obtención de coñecemento poden enriquecernos, e da mesma forma advirte que hai que saber ben de onde obter esta información. Destaca a diferenza entre o PLE(entorno no que aprendemos) e o VLE (ferramenta).

  19. nerea2e di:

    Neste vídeo fai unha breve introdución de que é o PLE para que se utiliza e tamén para que sirve.
    Mostranos todas as maneiras nas que se pode utilizar e no que che pode axudar a ti utilizar un PLE;durante o video nos vai mostrando casos reais de xente que mellorou grazas ao PLE.

  20. maria2d di:

    Este vídeo ten como idea principal explicar o concepto de Persoal Learning Enviroment (en español: entorno persoal de apredizaxe). Aquí coméntase como se organiza un PLE:
    1º: Onde lemos: as fontes de información.
    2º: Onde reflexionamos: onde modificamos a informción.
    3º: Onde compartimos: alí onde interaccionamos con outras persoas para aprender, son as denominadas redes persoais de aprendizaxe.
    Por último, aclárase que un PLE non é unha ferramenta senón que é o entorno onde aprendemos.

  21. noelia2d di:

    A idea principal do video é falar sobre o entorno persoal do aprendixase e aclarar un pouco os conceptos.
    O PLE ten que ver máis ven co que entendemos ca unha ferramenta, polo tanto é unha forma concreta de entender e o contexto no que se aprende, o cal ten que ver o lugar en donde se aprende, cousas facer para aprender e con quén aprendo. “Conxunto de ferramentas, fontes de información, conexiónsn e actividades que cada persoa realiza para aprender”.
    Clasifícase en tres tipo de ferramentas: fuentes de información, dónde modificar a información e con quén relacionarse para aprender.
    Hai que saber como se configura un PLE e para iso é importante para saber como se organiza o noso PLE, saber dónde facer as cousas e donde compartir o noso PLE.
    Un PLE ten unha parte virtual e outra presencial, ainda que a presencial está sendo sobrepasada pola parte virtual.

  22. sheila2e di:

    Cando falamos dun PLE debemos ter claro como se organiza. A finalidade deste video é comentar os compoñentes do noso entorno personal de aprendizaxe que son: as fontes de información, o uso que lle damos a esa información e a forma que empregamos para compartila.

  23. oscar2e di:

    A idea principal do vídeo é deixar claro que o PLE é unha forma de aprendizaxe, formada por tres etapas:
    -Ler información na rede, seguindo ou subscribíndose a algunha páxina que te interese e tendo coidado co exceso de información.
    -Reflexionar sobre o que lemos.
    -Compartir os nosos coñecementos na nosa Rede Persoal de Aprendizaxe (PLN), as redes sociais.
    É interesante configurar o PLE con ferramentas como Symbaloo para ter ás túas fontes de información e redes sociais mellor organizadas.

  24. anton2e di:

    O vídeo trata de ensinarnos que é un PLE e cales son as ferramentas que se empregan para a correcta utilización del.
    Un PLE é unha forma concreta de entender como se aprende e en que contextos.É un sistema de aprendizaxe, non de ensino, e baséase en; ler, é dicir, de onde sacamos a información que logo aprendemos; pensar, é dicir, onde modificamos esa información; e compartir, que é o fundamental para crear o noso Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE).

  25. sergiobarros2d di:

    Este vídeo ten a intención de mostrarnos que é un PLE e que utilidades ten.
    Según di, un PLE é una forma concreta de aprender, que se relaciona con onde, facendo que e con quen aprendes e oo compartes.
    Para traballar nun PLE hai que nutrirse da información que foron aportando outros usuarios, selecionando as ideas que nos parezan máis acertadas e compartindo o resultado para que o poidan utilizar outros usuarios posteriores.

  26. adrianmaceiras2d di:

    A idea principal deste vídeo é a definición de PLE (Personal Learning Environment ou Entorno Persoal de Aprendizaxe en español), os seus usos e a súa utilidade.
    Un PLE é unha maneira de aprender cun conxunto de ferramentas, fontes de información (de onde lemos ou utilizamos a información), conexións e actividades con outras persoas ademais de como as organizamos para aprender.
    É importante comprender que un PLE non é unha ferramenta senón un entorno de aprendizaxe no que nos somos partícipes.

  27. adrian2e di:

    Neste vídeo explícannos en que consiste un PLE.
    Un PLE é unha forma concreta de entender como se aprende e en que contextos.
    As tres partes esenciais dun PLE son compartir, ler e reflexionar.
    Podemos dicir que un PLE é un conxunto de ferramentas, fontes de informacion e actividades que cada un usa para aprender.

  28. braisfreire2d di:

    Neste vídeo explícase o significado de “PLE”.
    Un PLE é o conxunto de ferramentas, fontes de información conexións e actividades que cada persoa utiliza para aprender.
    Podemos organizar un PLE en tres ferramentas,lugares e actividades:onde acceder á información, onde modificar a información e o PLN (onde nos relacionamos).