XEO 33. As capas da Terra

Resultado de imagen de capas de la tierra sencillo

As capas da Terra son,de fóra a dentro:
1.Corteza: é a parte máis superficial. Suponse que é a máis heteroxénea a pesar do seu escaso grosor. Ten un grosor medio de 30 km, aínda que varía entre un mínimo de 5 km e un máximo de 70 km.

2.Manto: chega desde a Corteza ata unha profundidade de 2.900 km. Está formado por materiais máis densos que os da Corteza (predominan os minerais con ferro e magnesio). É unha capa sólida, aínda que entre o 200 km e o 800 km presenta certa plasticidade. Esta zona máis plástica coñécese como Astenosfera.

3.Núcleo: desde o límite co Manto ata o 5.100 km de profundidade. É de carácter metálico e moi denso. Formado por ferro, níquel e xofre.

3.1.Núcleo externo: debido ás condicións de presión e temperatura nesta zona, o Núcleo Externo atópase en estado líquido.

3.2.Núcleo Interno: ocupa a esfera central da Terra. É metálico e formado por ferro e níquel. A presión que soporta é tan grande que, aínda que a temperatura pode superar os 6.000º C, atópase en estado sólido. É a capa máis densa da Terra.

Comenta algunha idea  deste artigo completandoa consultandoLigazón

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.