Hidrosfera

Hidrósfera ou hidrosfera é o nome que recibe o conxunto das partes líquidas da Terra. Trátase do sistema material formado pola auga que está debaixo e sobre a superficie do planeta.

Estímase que a hidrósfera alberga uns 1.300 trillóns de litros de auga. Máis do 97% áchase nos océanos, mentres que pouco máis do 2% aparece nos casquetes polares. O resto repártese entre os acuíferos, os lagos, os mares interiores, a humidade do chan, a atmosfera e os ríos.

A hidrósfera, por tanto, presenta auga en diferentes estados, xa que ademais dos océanos, os ríos e os lagos, conta con auga nos glaciares, as nubes da atmosfera, as fontes subterráneas e até na biosfera (seres humanos, animais e plantas).

Os procesos de cambio de estado e transporte da auga forman o ciclo da auga. A Terra ten a particularidade de ser o único planeta do Sistema Solar que conta con auga en estado líquido de maneira continuada. O 71% da superficie terrestre está cuberto por auga líquida.

Resultado de imagen de ciclo del agua

 

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.