Atmósfera

A atmosfera é unha mestura de gases que se volve cada vez mais tenue até alcanzar o espazo, onde xa só hai baleiro.
A maioría dos gases da atmosfera son Nitróxeno (78%) e Oxigeno (21%). O resto, o 1% , son Argón, Dioxido de Carbono e Neón.
A atmosfera ten 3 funcións fundamentais que fan posible a vida na Terra

– Evita que haxa temperaturas extremas (diferenza de Temperatura entre o dia e a noite) grazas ao efecto invernadoiro natural que crea.

– A atmosfera protexe a vida sobre a Terra absorbendo gran parte da radiación solar ultravioleta na capa de ozono. Ademais, actúa como escudo protector contra os meteoritos, os cales se desintegran en po por mor da fricción que sofren ao facer contacto co aire.

– Ten unha composición do aire na súa capa mais próxima á superficie adecuada para a vida, que nos permite respirar.

Resultado de imagen de atmosfera terrestre

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.