Hidrosfera

A hidrosfera é a envoltura da superficie terrestre formdda por todas as augas da Terra: océanos, mares ríos lagos, glaciares e augas subterráneas.

A hidrosfera cobre aproximadamente o 70%da superficie terrestre, polo que ten gran importancia en moitos dos procesos e fenómenos que ese producen no planeta.

Na hidrosfera a auga repártese entre varios compartimentos que en orde de maior a menor segundo o seu volume:

-Os glaciares cobren parte do espazo continental. Sobre todo os dous casquetes glaciares de Groenlandia e a Antártida, pero tamén glaciares de montaña e volcán, de menor extensión e espesor, en todas as latitudes.

-A escorrentía superficial, un sistema moi dinámico formado por ríos e lagos.
-A auga subterránea, que se atopa embebida en rocas porosas de maneira máis ou menos universal.
-Na atmosfera en forma de nubes.

-Na biosfera, formando parte de plantas, animais e seres humanos

Resultado de imagen de hidrosfera

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato, Sin categoría e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.