A HIDROSFERA

A hidrosfera é a capa de auga que rodea a Terra. A auga circula continuamente duns lugares a outros, cambiando o seu estado físico. A enerxía necesaria para que se poidan realizar eses cambios de estado da auga e o ciclo hidrolóxico procede do Sol. A hidrosfera é tamén responsable de riscos xeolóxicos externos como inundacións, moitos deslizamientos do terreo, algunhas subsidencias do terreo…

A hidrosfera formouse pola condensación e solidificación do vapor de auga contida na atmosfera primitiva. A auga cobre case as tres cuartas partes da superficie da Terra.  A maioría (97%) é auga salgada que forma mares e océanos e, unha pequena parte (3%), atópase na atmosfera e sobre os continentes, xeralmente en forma de auga doce. Esta última parte atópase de maior a menor cantidade de auga: xeo> auga subterránea> lagos, encoros, pantanos, ríos > atmosfera > biosfera.

Entre as características da hidrosfera destacamos a súa composición mineral, salinidade,
contido en osíxeno, variación da temperatura coa profundidade e densidade.

Para máis informacion pica na imaxe.

Resultado de imagen de resumen de la hidrosfera

Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.