A HIDROSFERA

Nas ciencias da Terra, a hidrosfera é o sistema material constituído pola auga que se atopa sobre a superficie da Terra sólida, e tamén parte da que se atopa baixo a superficie, na cortiza terrestre.

A hidrosfera inclúe os océanos, mares, ríos, lagos, auga subterránea, o xeo e a neve. A Terra é o único planeta do Sistema Solar no que está presente de maneira continua a auga líquida, que cobre aproximadamente dúas terceiras partes da superficie terrestre, cunha profundidade media de 3,5 km, o que representa o 97 % do total de auga do planeta.

A auga doce representa 3 % do total e desta cantidade aproximadamente 98,2 % está conxelada, de alí que só se teña acceso ao 0,08 % de toda a auga do planeta. A auga migra duns depósitos a outros por unha combinación de procesos de cambio de estado e de transporte que en conxunto configuran o ciclo hidrológico ou ciclo da auga.

A presencia da auga na superficie terrestre é o resultado da desgasificación do manto, que está composto por rochas que conteñen en disolución sólida certa cantidade de sustancias volátiles, das que a auga é a máis importante. A auga do manto escápase a través de procesos volcánicos e hidrotermales. O manto recupera grazas á subducción unha parte da auga que perde a través do vulcanismo.

Resultado de imagen de la hidrosfera

 

 

goo.gl/MIab4K

  • A pesar de que a imaxe ten faltas de ortografía e alguna palabra en inglés decidín poñela porque representa ben o contido.
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.