Actividade TIC 8 Cancelos Twitter

  1. Sígueme  (con-ciencia@nac812 ) e envía un chío (tuit) que me cite  e que conteña os cancelos (as etiquetas) #lista  #BAC-2Bº TIC2 ou #bac2DE, según pertenzas a un ou outro grupo . O resto do corpo da mensaxe é libre. O obxectivo deste chío é solicitar a inclusión na lista Twitter que imos crear con toda a xente desta materia, que se atopa na ligazón https://twitter.com/nac812/lists
  2. A idea de crear esta lista é dobre. Por un lado, quero que vos subscribades a ela, xa que é unha forma de tela á man e tamén nalgún momento determinado ver só a actividade en Twitter da xente do curso. E por outro lado, unha vez estea máis ou menos completa, quero que a usedes para buscar xente interesante á que seguir, de xeito que vos vaiades relacionando aqueles que tedes intereses en común (gustos polas tecnoloxías, materias similares, gusto pola música, creación de materiais dixitais etc.). Por iso é altamente recomendable non descuidar a información do perfil. O seu obxectivo é informar sobre a materia e intereses en Twitter. 
  3. Sigue polo menos a 4 dos/as teus compañeiros/as.
  4. Empeza a chiar (tuitear), a conversar, a seguir a xente interesante relacionada coas TICs, a recomendar recursos informáticos, a (rechouchiar) retuitear, a marcar favoritos etc. Cando recomendes unha ligazón ou digas algo que poida ser relevante para a xente da aula, engade o cancelo (a etiqueta ou hashtag) #BAC-2Bº TIC2 ou#bac2DE.
  5. Tamén estaría ben que empregues algunha etiqueta como a disciplina (exemplo, #TIC) ou o tema (#informática, #TIC, #bacharelato, #reválida, etc.). Hai xente que usa etiquetas predefinidas para clasificar os seus tuits e logo ter un fácil acceso por categorías.
  6. O obxectivo final , desta tarefa, é que empecemos a usar Twitter para recomendar enlaces de TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. ……busca  no artigo valoración as pautas valoración.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.