TIC Actividade 7: Crear conta Twitter

  1. Vai a http://twitter.com e crea unha conta en Twitter. Usa o mesmo nome de usuario que en Google se podes. Non é necesario crear unha conta nova de Twitter se xa a tes. Da igual se non se ten usado moito ou se se está empregando habitualmente. O que se terá en conta é a actividade nesa conta durante a primeira avaliación.
  2. Edita o perfil, e non deixes de cubrir a información sobre ti. É a túa carta de presentación e é bastante importante. Recomendo que indiques, entre outras cousas que che apeteza, que es alumno/a de tal materia. O habitual é indicar tamén os teus intereses en Twitter. É un feito abrumador que moita xente decide inicialmente seguir ou non un usuario segundo esta información do perfil. Sería bó tamén subir unha foto túa ou unha imaxe que te represente. Non dá boa imaxe deixar o “ovo” de Twitter. 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.