Internet no noso futuro

O futuro de internet pode parecernos algo que aínda está moi afastado pero a cada mellora que coñecemos máis cuestións aparecen.

Neste vídeo fálase bastante sobre internet pero…


É verdade que internet é algo que acaba coa privacidade dunha persoa?

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, vídeos e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

3 Responses to Internet no noso futuro

  1. emma2d di:

    Internet non acaba coa privacidade, o que nos obriga é a ser máis conscientes e coidadosos que nunca.

    Este risco sempre estivo presente xa antes da súa existencia, dado que no fondo é nin máis nin menos que unha rede de persoas, polo que unicamente agora somos máis conscientes diso. Se non queremos que a nosa intimidade se vexa afectada neste mar de información, o noso deber é ser responsables e precavidos coas nosas accións.

    • diegomoral2e di:

      Internet é unha enorme base de datos en constante actualización. Isto quere decir que internet consta con moitísima información. Unha pequena parte de esa información e compartida por nós, e o principal risco que ten internet e ese.
      Temos que saber controlar que información podemos subir a internet ou non. E o noso deber ser responsables e autónomos neste sentido. Ainda así, creo que debería ensinarse máis os nenos e nenas os riscos reais; porque a nosa primeira vez en internet e como chegar a unha gran cidade vindo de un pobo. Estamos perdidos e é máis fácil que teñamos problemas e cometamos errores.

  2. rebecagonzalez2e di:

    Personalmente, non creo que o feito de que a seguridade e privacidade estean tan amenazadas hoxe en día sexa culpa de internet, senón das persoas que non o empregan correctamente. O internet pode ser seguro se lle das un uso axeitado; simplemente a xente ponse en perigo a sí mesma, publicando todo tipo de cousas relacionadas coa súa vida nas redes. O único que necesitamos para estar seguros é ser coidadosos coa nosa información privada.