Adobe

 Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software cunha gran variedade de programas informáticos como programas de edición de fotografías, vídeos ou páxinas web. Tamén foi o creador de formatos moi usados como o Portable Document Format (PDF). Entre os seus programas destacan Adobe Photoshop como editor de imaxes, que é utilizado por unha gran cantidade de diarios e de revistas para retocar as fotos publicadas.

Tamén é moi famoso o Adobe Acrobat que é un conxunto de programas deseñados para visualizar, crear e modificar arquivos co formato PDF.

Click na seguinte imaxe para ver máis programas de Adobe:

Resultado de imagen de adobe

A empresa foi fundada en 1982 por John Warnock e Charles Geschke, despois de que o Postscript comezara a popularizarse, lanzando ó mercado Adobe Illustrator, o cal se converteu nun dos programas indispensables para os profesionais gráficos. A principios dos 90, saíu a primeira versión de Adobe Photoshop .

Adobe comprou outras empresas como Macromedia, impedindo o desenvolvemento dunha posible competencia e obtendo o monopolio deste sector.

Máis información en Wikipedia e Definicion.de.

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada . Garda o enlace permanente.