Adobe Systems Inc.

Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software que destaca no mundo do software polos seus programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe dixital hoxe presentes nunha integración coñecida como Adobe Creative Suite. Adobe recibiu o seu nome a partir dun arroio que pasa por detrás da casa dun dos seus fundadores John Warnock.

Adobe está «en todos lados». Participa nas labores de pre-impresión, post-producción de vídeo, audio e deseño web ademais de publicación en dispositivos móbiles. A gran maioría dos carteis publicitarios con fotografías ou outro tipo de imaxes que se ven na calle e en sitios web, foron editados ou modificados con Adobe Photoshop. Concretamente Adobe produce aplicacións de nivel profesional destinadas a profesionais.

Un dos principais méritos da empresa foi a creación da linguaxe PostScript, que é o linguaxe que usan as impresoras láser para imprimir correctamente. Un dos desenvolvementos  máis coñecidos de Adobe Systems é o formato PDF e Adobe Acrobat, programa que traballa con ese formato, e se distribúe en diferentes versións: Adobe Reader (solo permite ler PDF e é de balde) e Adobe Acrobat, que permite crear documentos e outras opcións sobre o formato.

Adobe está cambiando o mundo mediante experiencias dixitais. As súas solucións creativas, de marketing e documentais posibilitan a todos, dende aos artistas emerxentes ás marcas globais, para incorporar creacións dixitais á vida, e entregalas á persoa adecuada e no momento xusto para obter os mellores resultados.

Para coñecer como é Adobe entra nesta páxina e visualiza, se queres, o vídeo

Resultado de imagen de adobe

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.