Adobe Systems Incorporated

Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software estadounidense que se encontra na cidade de San José, en California. Adobe é unha empresa destacada polos seus de programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe dixital. Os fundadores de esta empresa foron John Warnock e Charles Geschke o 28 de febreiro de 1982. John e Warnock coñecéronse a finais dos anos 70 mentres traballaban no PARC, onde investigaban sobre a impresión e os sistemas gráficos independentes dos dispositivos, e entusiasmados coa posibilidade de revolucionar a informática decidiron crear Adobe Systems Incorporated.

A empresa recibiu este nome por un regato que pasaba detrás da casa de Wasrnock. O primeiro programa  de Adobe tivo éxito, foi Adobe PostScript e despois sacaron Adobe Illustrator, que se fixo moi famoso entre os profesionais gráficos da época. Nos anos 90 saíu ao mercado Adobe Photoshop que co tempo converteríase no seu programa insignia.

No ano 1994 comprou a empresa Aldus, que producía Pagemaker e desa forma competir con QuarkXPress pero non chegou a ser suficiente, polo tanto Adobe sacou Adobe InDesign que se converteu no software de referencia en autoedición de documentos.

Avanzando máis, Adobe sacou ao mercado Adobe Acrobat e Portable Document Format (o famoso PDF). Acrobat e o PDF tiveron un éxito mundial xa que permiten compartir documentos dixitais pola web tal e como a xente desexa. Agora mesmo as grandes empresas e gobernos usan o formato PDF para compartir documentos.

No ano 2005 Adobe decidiu comprar a empresa Macromedia, famosa por crear programas como Flash ou Fireworks, coa intención de mellorar a compatibilidade entre os seus produtos como o PDF e o Flash. Con esta compra, Adobe conseguiu chegar a todos os lados, a maioría de empresas de publicidade utilizan programas de Adobe para modificar as imaxes, por exemplo.

Resultado de imagen de Adobe

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.