Adobe Systems Incorporated

Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software coñecida, sobretodo, polo éxito comercial do programa de edición de imaxe, Photoshop e o desenrolo do formato Pdf.

Resultado de imagen de john warnock y charles geschke

Os seus creadores John Warnock e Charles Geschke coñeceronse traballando no PARC (Centro de Investigación de Palo Alto, California), donde se percataron de que coincidían na súa visión da edición e das artes gráficas e, en 1982, decidiron fundar a súa propia empresa, porque compartían unha idea pero na compañía na que se atopaban faltáballes espazo para desenvolvela.

Adobe está destinada á edición xa sexa de documentos dixitais, web, audio, vídeo ou imaxe. Para cada especialidade ten un software determinado.

Algunhas das claves do éxito de Adobe son que comprou aqueles produtos que competían cos seus e sobretodo, que os seus softwares se complementan os uns cos outros de maneira que o seu uso moito máis fácil e efectivo.

Así pois, cos paquetes Adobe podemos mesturar, por exemplo, imaxe e son con certa facilidade sen caer en incompatibilidades de formato.

Para saber máis

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.