Adobe

https://a2ua.com/adobe/adobe-005.jpg

 

Adobe Systems Incorporated é o nome dunha empresa estadounidense fundada en 1982 por John Warnock e Charles Geshchke. Destacan no mundo do software con programas de edición, xa sexa de imaxe, audio ou vídeo; pero tamén compiten en sectores tan variados coma pre-impresión, programas para dispositivos móviles e diseño de webs.

Algúns dos seus programas máis destacados son Acrobat (editor de PDF), Photoshop (edición fotográfica), Illustrator (gráficas vestoriais), Flash (scripting), Flash Player (reproductor multimedia), Reader (lector de PDF) e Shockwave (complemento de navegadores web para reproducir vídeos e xogos). A maioría dos seus programas foron recompilados nunha suite coñecida como Adobe Creative Suite, que máis tarde foi substituída por Adobe Creative Cloud.

Ó longo dos anos, Adobe foi adquirindo multitude doutras empresas, como Aldus, Syntrillium Software ou Macromedia para intentar potenciar o desenvolvemento da empresa e cooperar para arranxar problemas de compatibilidade.

Esta empresa tamén foi a creadora da linguaxe PostScript (a que empregan as impresoras láser) e o famoso formato PDF. Tamén é a organizadora dunha competencia mundial de deseño para estudantes coñecida como ADAA (Adobe Design Achievement Awards)

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.