Adobe Reader

Adobe Reader é un programa que serve para poder ver e modificar os arquivos en formato PDF. Na actualidade e común a súa utilización principalmente para ler libros, aínda que tamén nos permite facer traballos engadíndolles imaxes. Trátase dun software que pode ser descargado de forma gratuíta, este foi un dos primeiros programas nos que se podía facer este tipo de cousas.
Foi creado pola empresa Adobe Systems coa sede en San José, California. Esta empresa é moi destacada na creación de programas para a edición de vídeo, páxinas web ou imaxe dixital.
Un dos seus fundadores é John Warnock,  que lle puxo o nome a esta empresa.  A parte de ser cofundador tamén foi presidente de Adobe Systems durante os dous primeiros anos. Warnock é un dos pioneiros no desenvolvemento de gráficos, publicidade web e documentos electrónicos.
Resultado de imagen de John warnock   John Warnock.
Feito con Nerea Martínez Pérez.
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.