Adobe, que é e que fai

Adobe Systems Incorporated é unha empresa de software estadounidense con sede en San José (California, EE.UU.) fundada por John Warnock e Charles Geschke. Destaca no mundo do software polos seus programas de edición de páxinas web, vídeo e imaxe dixital hoxe presentes nunha integración coñecida como Adobe Creative Suite. Renovouse recentemente para transformarse en Adobe Creative Cloud. Adobe xogou un rol significativo en comezar a revolución da autoedición cando Apple Computer comezou a utilizar PostScript para a súa liña de impresoras LaserWriter en 1985.

Pero coñecemos realmente a función que realiza o Adobe?

Ben, pois o Adobe permítenos reproducir arquivos en formato SWF, creados coa ferramenta Adoble Flash, con Adobe Flesh ou con outras ferramentas de terceiros. Estes arquivos reprodúcense nunha contorna determinada. Nun sistema operativo ten o formato de aplicación do sistema, mentres que se a contorna é un navegador, o seu formato é o dun Plug-in ou obxecto ActiveX.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac e etiquetada , . Garda o enlace permanente.