Proteína do leite asociado con enfermidades:

Proteína do leite asociado con enfermidades:

O leite consiste en tres partes: a graxa ou nata, o soro, e os sólidos lácteos. O problema reside nos sólidos lácteos, que están compostos de moitas proteínas diferentes ademais da lactosa e outros azucres, segundo o Doutor Woodford Profesor de Xestión de Granxas e Negocios Agrícolas na Universidade Lincoln en Nova Zelandia. Unha desas proteínas é o beta caseína.

As proteínas son longas cadeas de aminoácidos que teñen moitas ramas que saen da cadea principal. O beta caseína é unha cadea con 229 aminoácidos e a prolina no número 67, polo menos nas vacas antigas, chamadas A2. Estas inclúen vacas Guernsey, Jersey, Asiática e Africana. As vacas que teñen este beta caseína mudado son as vacas A1. Estas son razas historicamente máis recentes, como as vacas Holstein e Friesian.
A cadea proveniente desta histidina é un fragmento de proteína coñecido como beta casomorfina 7 (BCM 7). Os efectos negativos deste fragmento poden ser desvastadores xa que este é un poderoso opiáceo ou narcótico ademais dun oxidante.
Enfermidades producidas pola proteína beta casomorfina 7
Segundo explica Woodford, que estivo a examinar estudos de poboación e investigacións con animais e humanos, a proteína beta casomorfina 7 está asociada coa intolerancia ao leite e varias enfermidades autoinmunes como a diabete de tipo 1, diabete que adoita aparecer na infancia ou a puberdade.

 

Que outro problema pode existir debidos ao leite…..

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta