Actv 31: A baixa percepción de risco impide por freo a SIDA

Do mesmo xeito que a xente cre que os accidentes de tráfico pásanlle sempre a outros, tamén está convencida de que o VIH é unha infección que non vai con eles.
Coincidindo co Día Mundial da SIDA que se celebra o día 1 de decembro difundiuse un vídeo que parte desa similitude para lembrar á poboación os beneficios asociados á proba do VIH: por unha banda, porque canto antes  se detecte a infección mellor será o prognóstico do paciente, e por outro, porque dese xeito impídese que o infectado transmita o virus a outras persoas.

O vídeo é unha iniciativa de Bristol coa que busca informar á poboación sobre as vantaxes de facerse un test que non é senón unha simple análise de sangue.

É bo idear fórmulas diferentes capaces de facer chegar a mensaxe ao maior número de persoas posible.

E non está de máis desdramatizar ao asunto a condición de que non se banalice, asegura o doutor Santiago Moreno, xefe do Servizo de Enfermidades Infecciosas do Hospital Ramón e Cajal de Madrid.

A ver quen colga un vídeo relacionado?

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato, CTMA 2º Bacharelato, Cultura científica 1º Bacharelato, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.