BIO16. O ciclo celular

O ciclo celular é o conxunto ordeado de sucesos que transcorren entre unha división e a seguinte.Ciclo celular View more presentations from Nacho Valverde

Busca e comenta como se denomina a fase na que se produce a replicación do ADN e outras ideas da presentación.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

10 Responses to BIO16. O ciclo celular

  1. marta2bio di:

    A replicación do ADN prodúcese na fase S do ciclo celular. Nesta fase, ademais de realizarse a replicación do ADN, sintetízanse as novas histonas. Como resultado desta replicación, cada cromosoma está formado por dúas cromátides unidas polo centrómero, que serán visibles na fase M. A duración desta fase dependerá da temperatura e do tipo de célula.

  2. alvarogran2bio di:

    A replicación do ADN prodúcese na fase S do ciclo celular. Ademais, a cantidade C pasa de 2C a 4C.Esta fase ten unha duración variable xa que depende tanto do tempo como da temperatura. Como sabemos, a reduplicación do ADN provoca un estado tetraploide da célula. A ‘s’ é unha subfase da interfase que comprende a súa vez a G1 e G2 e o punto R ou punto de non retorno (implica o desenrolo total do proceso).
    Despois da interfase teriamos profase,metafase,anafase e telofase.

  3. lauragon2bio di:

    A replicación do ADN ten lugar antes da división celular, especificamente na interfase. A interfase divídese en varias subfases: a G1, S e G2. Durante a fase S (de síntese) prodúcese a replicación do ADN e sintetízanse as novas histonas. Como resultado desta replicación, cada cromosoma está fromado por dúas cromátides unidas polo centrómero, que serán visibles na fase M (mitótica), esta replicación permitirá a repartición equitativa do material xenético ás células fillas.

  4. isabel2bio di:

    O ciclo celular é o conxunto ordeado de sucesos que conducen ao crecemento da célula e a divión a dúas células fillas. Este divídese en dúas fases: Interfase e fase M (fase en división).Á súa vez a primeira fase divídese en (Go)G1, S e G2,onde G1 é a fase de crecemento (Go, as células non continúan co ciclo celular), na S prodúcese a replicación do ADN da céula e na fase G2, a célula prepárase para a división celular(na fase M).

  5. javiercomen2bio di:

    O ciclo de celular está dividido en dúas fases principais:
    a interfase e a fase M.
    A interfase está dividida en tres fases:
    A fase G1,a fase S e a fase G2.
    É durante a fase S cando prodúcese a replicación de ADN e a síntese de novas histonas e os cromosomas pasan a estar formados por dúas cromátides irmás.

  6. daniel2bio di:

    Durante o ciclo celular, polo que a célula crece e se divide, a célula pasa por dúas fases, a interfase e a fase M. Á súa vez,a interfase subdivídese en varias fases, a fase G1, a S e a G2. É nesta fase S durante a cal se produce a replicación do ADN, o cal é imprescindíbel para que se produza a mitose durante a fase M do ciclo celular, na cal a célula dividirase para dar dúas células fillas que poderán ser iguais grazas a esa replicación que tivo lugar durante a fase S

  7. alvaro2bio di:

    Denomínase Fase S.É a segunda fase do ciclo e nela se produce a replicación ou síntesis do ADN.Como resultado cada cromosoma duplicase formando dúas cromátidas irmás.

    A principal idea da presentación é que as células presentan un ciclo celular,o cal se divide en interfase e en mitose.
    A interfase consta de 3 fases: Fase G1(abarca dende o final dunha mitose ata o inicio da fase S)Fase S (replicación do ADN)e Fase G2 (periodo de latencia previo á división nuclear)

    As principais fases da meiose,son a profase,a metafase,a anafase e a telofase.O resultado deste proceso son catro células fillas haploides diferentes entre si e diferentes a célula nai.

  8. raul2bio di:

    Denomínase Fase S.É a segunda fase do ciclo celular.Nesta fase a cantidade de C pasa de 1 a 2(diploide).Este ciclo depende da temperatura,dos nutrientes e do tipo de célula.
    Na presentación tamén fala da mitose e da meiose.Na mitose prodúcese a división dunha célula nai en dúas células filla coa misma información ca a da célula nai e na mitose prodúcese unha división da célula nai en dúas células e logo esas dúas,divídense en outras dúas células n(haploide),dando lugar a catro células n.Este proceso é o mecanismo polo que se producen os gametos sexuais(óvulos nas mulleres e espermatozoides nos homes).A meiose te unha gran importancia xenética,posto que aumenta a variabilidade xenética.

  9. anton2bio di:

    A duración do ciclo celular depende do tipo de célula, dos nutrintes e da temperatura.
    O ciclo celular divídese en interfase e mitose.
    A mitose é un mecanismo de división de células somáticas e orixina dúas células diploides xenéticamente iguais. A replicación do ADN prodúcese na fase S do ciclo celular, e ten lugar antes da división celular, especificamente na interfase ou intermitose. Na fase S da interfase ou intermitose a cantidade de C pasa de ser 2C a ser 4C.

  10. eva2bio di:

    De esta presentación podémosnos quedar con moitas ideas e conceptos tanto principais como de carácter máis fondo. Eu voume centrar en dar unhas pequenas nocións do ciclo celular, coas que me quedei tras vela.
    O ciclo celular é un proceso que ten lugar en casi todas as células, e neste teñen lugar diferentes fases, que son as seguintes:
    – Interfase, dentro da cal encontramos a fase G1, en donde a célula aumenta o seu tamaño e na que algunhas quedan “atrapadas”, establecéndose a denomminada fase G0 para elas, a fase S, onde ten lugar a replicación do ADN, e a fase G2, na cal principalmente se comezan a condensar a cromatina.
    – Mitose, dentro da cal está a profase, a metafase, a anafase, a telofase, e a citocinese, xa comentadas no artigo anterior.