Criterios avaliación 1º CMC adultos

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

I.E.S. Rosalía de Castro

 

UNIDADE 1 >UNIVERSO

  1. Diferenciar correctamente entre planeta, estrela e galaxia.
  2. Explicar cales son os procedementos que nos permitiron coñecer cal é a materia que forma parte dos planetas, as estrelas e as galaxias.
  3. Explicar cales son os procedementos que nos permitiron saber que o universo está en expansión.
  4. Sinalar cales son as probas científicas que apoian a teoría do big bang.
  5. Explicar correctamente como está organizado o universo: como se agrupan planetas, estrelas e galaxias.
  6. Sinalar que magnitudes caracterizan a un buraco negro e cales son as observacións que permiten identificar buracos negros no ceo.
  7. Indicar como se forman os átomos dos elementos químicos que forman parte do noso planeta.
  8. Explicar a orixe do Sol e do Sistema Solar.
  9. Describir algúns astros do Sistema Solar, sinalando algunhas características clave dos planetas ou das súas lúas.
  10. Sinalar cales son as condicións necesarias para que poida darse a vida noutros planetas.
  11. Tirar información dun mapa celeste.
  12. Explicar como se poden detectar exoplaneta

UNIDADE 2 TECTÓNICA DE PLACAS
  13.-Explicar en que consiste a tectónica de placas.
  14.-Explicar que é a teoría da deriva continental e sinalar cales son as evidencias experimentais que a apoian.

  15.-Explicar por que a Terra non é plana malia os procesos de erosión, transporte e sedimentación que teñen lugar no noso planeta de xeito continuado.
  16.-Elaborar esquemas que mostren as diferentes capas que ten o noso planeta e cales son os principais procesos xeolóxicos que teñen lugar en cada unha delas.
  17.- Indicar que tipo de información podemos tirar das ondas sísmicas: S ou P.
  18.- Relacionar as placas tectónicas coa presenza de volcáns ou a aparición de sismos nunha rexión concreta do planeta.
  19.- Explicar a creación e destrución do relevo na Terra.
  20.- Explicar a evolución xeolóxica do noso planeta.

 

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.