XXY

Alex (Inés Efron) é unha adolescente de 13 anos que esconde un segredo. Pouco tempo despois de nacer, Kraken (Ricardo Darín) e Suli (Valeria Bertuccelli), os seus pais, decidiron deixar Buenos Aires para instalarse nunha cabana de madeira illada do mundo.

O seu obxectivo sempre foi que Alex crecese sen os prexuízos da contorna, protexida e feliz. E que ao alcanzar a puberdade puidesen decidir xuntos que camiño seguir. Ese día chegou. No comezo da nosa historia, os pais de Alex reciben a unha parella de amigos que veñen desde Buenos Aires co seu fillo de 16 anos, Álvaro (Martín Piroyanski). As mulleres foron amigas íntimas no colexio, pero xa non teñen nada en común. Os seus esposos detéstanse. E os seus fillos están nesa idade na que un vive case constantemente nun estado de excitación.

http://www.cinetube.es/peliculas/drama/xxy_espanol-dvd-rip-megavideo-33004.html

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.