BIO 9.Os orgánulos celulares

O citoplasma está formado polo citosol ou hialoplasma (que é unha solución acuosa) e polas estruturas e os orgánulos inmersos nel: o citoesqueleto, os orgánulos sen membrana (ribosomas e inclusión citoplasmática) e os orgánulos con membrana (retículo endoplasmático, aparato de Golgi, lisosomas, perosixomas, vacúolos, mitocondrias e cloroplastos.)


Busca e comenta a función principal do cloroplasto.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

9 Responses to BIO 9.Os orgánulos celulares

  1. daniel2bio di:

    Este vídeo fálanos sobre os cloroplastos que son orgánulos que se atopan nas plantas e nas algas. Estes orgánulos teñen a función de realizar a fotosíntese. En cada célula atopámos entre 20 e 40 cloroplastos que teñen entre 3 e 19 micrómetros de tamaño. Segundo a luz que absorba, varía a cor destes, é por iso que vemos as plantas de cor verde.
    Ao igual que as mitocondrias, os cloroplastos posúen dobre membrana.

  2. lauragon2bio di:

    Os cloroplastos son uns orgánulos presentes nas células vexetais que conteñen clorofila, por cada célula hai entre 20 e 40. Ao igual cas células están constituídos por unha dobre membrana. Entre as súas funcións están:
    A fotosíntese: Os cloroplastos capturan a enerxía solar para producir enerxía libre que se garda no ATP e NADP.
    Existen uns cloroplastos que non teñen clorofila, senón que gardan pigmentos para as flores, por exemplo os amiloplastos que conteñen amidón ou os leucoplastos que serven para gardar substancias incoloras con pouco color.

  3. marta2bio di:

    Os cloroplastos están presentes nas células de algas e plantas eucariotas, hai entre 20 e 40 en cada célula. Encárganse de realizar a fotosíntese, actividade para a cal necesitan luz solar. Están envoltos por unha dobre membrana e conteñen numerosos sáculos internos, que á súa vez conteñen un pigmento verde chamado clorofila.

  4. alvaro2bio di:

    Os cloroplastos son orgánulos que están presentes nas células eucariotas fotosintetizadoras . Os cloroplastos danlle un color verde á célula e a súa principal función é realizar a fotosíntese, na que captan enerxía solar e a transforman en enerxía química como por exemplo a clorofila.

    En canto a súa estrutura é moi parecida a unha mitocondria xa que está envolta por unha dobre membrana, a cal non contén colesterol

  5. javiercomen2bio di:

    Os cloroplastos son orgánulos celulares con dobre membrana, que se encontran en plantas,algas e nalgunhas bacterias. A principal función dos cloroplastos é realizar a fotosíntese que se produce grazas á clorofila.Na fotosíntese obtense enerxía química e osíxeno da enerxía lumínica,CO2 e o auga.

  6. isabel2bio di:

    Os cloroplastos son orgánulos de dobre membrana propios das células vexetais que conteñen un pigmento que lle da a cor verde ás plantas chamado clorofila, ademais, estes orgánulos encárganse do metabolismo enerxético, é dicir, no seu interior teñen lugar as reaccións de fotosíntese para a cal necesítase a luz solar e através da cal producirase enerxía libre gardada no ATP e NADP.

  7. alvarogran2bio di:

    O orgánulo de dobre membrana que imos comentar son os chamados cloroplastos presentas tanto en células de plantas e algas eucariotas. A súa función é crucial e é a de realizar a á fotosíntese nos organismos fotosintetizadores. Como ben sabemos,para realizar este proceso necesítase luz solar e, dependendo da luz que absorba o cloroplasto variará de color (por eso vemos as plantas verdes). Asi ben, estos orgánulos capturan enerxía solar parar fabricar ATP. Os cloroplastos conteñen o famoso pigmento denominado clorofila.

  8. anton2bio di:

    A funión principal dos cloroplastos é facer a fotosíntese nos organismos eucariotas fotosintetizadores, para isto necesita luz solar que lle proporciona enerxía, dependendo do tipo de luz variara a cor dos cloroplastos, debido a isto vemos as plantas de cor verde. Hai entre 20 e 40 cloroplastos por célula e o seu tamaño varia entre 3 e 19 micrómetros de diámetro.

  9. eva2bio di:

    Os cloroplastos son orgánulos presentes nas plantas e algas eucariotas. Conteñen a clorofila, pigmento encargado de dar cor verde ao organismo, e unha dobre membrana sen colesterol. Hai entre 20 e 40 en cada célula. A súa principal función é realizar a fotosíntese, é dicir, encárganse do metabolismo enerxético, a través da captación da luz solar, que se convertirá en enerxía libre, a cal se gardará no ATP e no NADP.
    Hai ademais outros plastos, pero estes sen presentan clorofila, como pode ser o amiloplasto, que contén almidón no seu lugar.