TIC3.Tutorial Scratch – Programación Divertida

Scratch é unha nova linguaxe de programación
que che permite crear as túas
propias historias interactivas, animacións,
xogos, música e arte


 

Busca máis información sobre esta linguaxe…

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en TIC 2º Bac, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

4 Responses to TIC3.Tutorial Scratch – Programación Divertida

  1. tanaculci di:

    É unha linguaxe de programación creado polo MIT e deseñado para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación. Serve para crear historias interactivas, xogos e animacións; ademais de facilitar a difusión das creacións finais con outras persoas vía Web.
    É unha linguaxe que tivo unha enorme difusión grazas á súa facilidade de uso.
    Temos por unha banda unha serie de obxectos ou “sprites” e doutra banda unha serie de accións que podemos combinar para conseguir que os obxectos actúen dunha determinada maneira.
    Unha das cousas máis interesantes de Scratch é que esas accións ou comportamentos teñen forma de quebracabezas e a nosa misión como programadores será conseguir unha determinada acción ou comportamento, convertendo o proceso de programar en algo parecido a un xogo.

  2. beatriculci di:

    É unha aplicación tanto para móbil como para ordenador, no que ti elixes os persoaxes, o fondo, etc. Co uso dunhas etiquetas fanse os movementos e as accións que o obxeto vai ter cando se reproduzca. Unha das cousas mais interesantes de Scratch é que esas accións ou comportamentos teñen forma de puzzle e a nosa misión como programadores será programar esas pezas para conseguir unha determinada acción ou comportamiento.

  3. selvaculci di:

    É unha aplicación informática gráfica, destinada principalmente aos nenos, permite explorar e experimentar cos conceptos de programación de ordenadores mediante o uso dunha sinxela interface gráfica. Este serve para crear pequenos programas, historietas interactivas, a partir dunha mestura de sons,imaxes e animacións.
    A orixe e linguaxe de programación de Scratch, por unha banda, baséase en Logo.
    E, doutra banda, como en Squeak, onde o modo de traballo consiste en arrastrar e soltar bloques en lugar de escribilos.

  4. candelaculci di:

    Scratch é unha linguaxe de programación creado polo MIT, feito para que toda a xente se poda iniciar na programación (e sexa unha manera fácil e divertida de facelo), serve para crear xogos, historias e animacións, isto faise mediante uns bloques que son como puzles e ti tes que ir xuntándoos para crear o noso proxecto.Para utilizalo só hai que ter un pouco de imaxinación.