As microondas.

Son ondas electromagnéticas con lonxitudes de onda maiores que os dos raios infravermellos, mais menores que a lonxitude de onda das ondas de radio variando, consoante os autores, de 30 cm  ata 1 cm.

As microondas poden xerarse por varios dispositivos, xeralmente divididos en dúas categorías: dispositivos de estado sólido e dispositivos a válvulas. Os dispostivos de estado sólido son constituídos por semicondutores tales como silicio ou arseniato de galio, e inclúen transistor de efecto de campo transistor de xunción bipolar diodo Gunn e diodo IMPATT, entre outros. Dispositivos a válvula funcionan con base no movemento balístico dos eléctrons no vacuo, baixo a influencia de campos de control eléctricos ou magnéticos, e inclúen o magnetrón, o klystron, o TWT e o xirotrón.

Os seus usos poden ser varios:

-Os fornos microondas.

-Satélite de comunicacións.

-O radar.

-Televisión por cable e internet de banda larga e por cable coaxial e por MMDS.

-Poden usarse para transmitir enerxía a longas distancias.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.