Ondas microondas

As ondas microondas son ondas electromagnéticas nun rango de frecuencia determinado, de entre 300 MHz y 300 GHz. A principal característica destas ondas é que se poden propagar polo vacio, gracias a que non necesitan un medio material para propagarse. Estas ondas poden atravesar o espazo interplanetario e interestelar chegando a Terra dende o Sol e as estrelas. Maxwell propuxo a sua existencia, pero non pudo demostrala. Foi Hertz 20 anos despois, en 1887, o primeiro en producir ondas electromagnéticas e así confirmar as leis de Maxwell.

As ondas microondas teñen moitas aplicacións. Unha delas é a dos fornos. O seu funcionamento basease no feito de que a radiación electromagnética dunha frecuencia moi alta ten moita enerxía, polo que hai unha transferencia de calor moi grande aos alimentos en pouco tempo. As comunicacións é o radar son outras duas aplicacións das microondas. Nas telecomunicacións, as microondas úsanse en radiodifusión, xa que estas pasan fácilmente a través da atmósfera con menos interferencia cas outras lonxitudes de onda maiores. Tamén hai máis ancho de banda no espectro de microondas ca no resto de espectro de radio. Úsanse para transmitir unha señal dende unha localización remota a unha estación de televisión, protocolos inalámbricos LAN, tales como Bluetooth ou Wi-Fi. A televisión por cable é o acceso a Internet vía cable coaxial usan algunhas  frecuencias de microondas máis baixas así como algunhas redes de telefonía celular.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.