AS MICROONDAS

As microondas son ondas electromagnéticas con lonxitudes de onda maiores que os dos raios infravermellos, mais menores que a lonxitude de onda das de radio variando, de 30 Cm ata 1 Cm.

As microondas poden xerarse por varios dispositivos, xeralmente divididos en dúas categorías: dispositivos de estado sólido son constituídos por semicondutores tales como silicio ou arseniato de galio, e inclúen transistor de efecto de campo, transistor de xunción bipolar, entre outros.

Un forno de microondas usa un xerador de microondas do tipo magnetron para producir microondas nunha frecuencia de aproximadamente 2,45 GHz para cociñar os alimentos. As microondas cociñan os alimentos, facendo con que as moléculas de auga e outras substancias presentes no alimentos vibren. Esta vibración cría un calor que aquece o alimento. Xa que a maior parte dos alimentos orgánicos é composta de auga, este proceso os cociña facilmente.

Microondas úsanse nas transmisións para un satélite de comunicacións, porque as microondas atravesan facilmente a atmosfera terrestre, con menos interferencia das ondas mais longas. Alén diso, as microondas permiten unha maior largura de banda que o restante do espectro de radiofrecuencia.

O Radar tamén usa radiación en mircoondas para detectar a distancia, velocidade outras características de obxetos distantes.

Televisión por cable e Internet de banda larga por cable coaxial e por MMDS, ben como certas redes de telefonía celular móbil, tamén usan as frecuencias máis baixas das microondas.

As microondas poden usarse para transmitir enerxia a longas distancias. A NASA realizou investigacións durante os anos 1970/80, sobre o uso de Satélites de Enerxía Solar que captarían as emisións solares e as retrasmitirían para a superficie da Terra por medio de microondas.

Un máser é un dipositivo semellante ó láser, excepto polo feito de que traballa na faixa das mircoondas, en lugar da luz visíbel.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Cultura científica 1º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.