As proteínas

Estas son macromoléculas compostas por carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno. A maioría tamén conteñen xofre e fósforo. Estas están formadas pola unión de varios aminoácidos, unidos mediante enlaces peptídicos. A orde e disposición dos aminoácidos nunha proteína depende do código xenético, ADN, da persoa.

As proteínas constitúen arredor do 50% do peso seco dos tecidos e non existe proceso biolóxico ningún que non dependa da participación deste tipo de substancias.As funcións principais das proteínas son:1- Ser esenciais para o crecemento. As graxas e carbohidratos non as poden substituír, por non conter nitróxeno.2-Proporcionan os aminoácidos esenciais fundamentais para a síntese tisular.3-Son materia prima para a formación dos xugos dixestivos, hormonas, proteínas plasmáticas, hemoglobina, vitaminas e encimas.4-Funcionan como amortecedores, axudando a manter a reacción de diversos medios como o plasma.5-Actúan como catalizadores biolóxicos acelerando a velocidade das reaccións químicas do metabolismo. Son as encimas.6-Actúan como transporte de gases como osíxeno e dióxido de carbono en sangue. (hemoglobina).7-Actúan como defensa, os anticorpos son proteínas de defensa natural contra infeccións ou axentes estraños.8-Permiten o movemento celular a través da miosina e actina (proteínas contráctiles musculares).9-Resistencia. O coláxeno é a principal proteína integrante dos tecidos de soporte.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.