Os Coenzimas

Unha coenzima é unha pequena molécula orgánica que se une a unha encima e que é esencial para a súa actividade, pero que non sofre unha alteración permanente na reacción. A maior parte das coenzimas derivan das vitaminas e cada tipo de coenzima ten unha función bioquímica concreta. Algunhas son axentes de oxidorreducción, outras facilitan a transferencia de grupos, entre outras actividades bioquímicas.

Polo tanto, as coenzimas son a forma activa das vitaminas, como por exemplo, a forma activa ou coenzimática da tiamina é o pirofosfato de tiamina (PPT), sempre e cando a célula produza ATP (adenosina trifosfato, molécula enerxética) e poida fosforilar á vitamina para convertela en coenzima (a súa forma activa). O PPT é unha coenzima transferasa, isomerasa e liasa, que intervén en varias reaccións de transferencia de grupos C2-aldehido e nas descarboxilacións, como por exemplo, do ácido pirúvico e do ácido alfa-cetoglutárico.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.