Bordos converxentes

As características dos bordos converxentes dependen do tipo de litosfera das placas que chocan. Con frecuencia as placas non se deslizan en forma continua; senón que se acumula tensión en ambas as dúas placas ata chegar a un nivel de enerxía acumulada que supera o necesario para producir o deslizamento brusco da placa mariña.

A enerxía potencial acumulada é liberada como presión ou movemento; debido á titánica cantidade de enerxía almacenada, estes movementos ocasionan terremotos, de maior ou menor intensidade. Os puntos de maior actividade sísmica adoitan asociarse con este tipo límites de placas.
. Cando unha placa oceánica (máis densa) choca contra unha continental (menos densa) a placa oceánica é empurrada debaixo, formando unha zona de subducción. Na superficie, a modificación topográfica consiste nunha foxa oceánica na auga e un grupo de montañas en terra.
. Cando dúas placas continentais colisionar (colisión continental), fórmanse extensas cordilleiras formando un bordo de obducción. A cadea da Himalaia é o resultado da colisión entre a placa Indoaustraliana e a placa Euroasiática.
. Cando dúas placas oceánicas chocan, o resultado é un arco de illas (por exemplo, Xapón).
A subducción acontece principalmente no cinto de lume do Pacífico (costa oeste de América do Sur, America Central e America do Norte, Aleutianas, Xapón, Filipinas, Marianas, Indonesia) e partes do Mar Mediterráneo. Sempre provoca fenómenos sísmicos de maior magnitude.

Exemplos de bordos converxentes:

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en CTMA 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.