As mitocondrias

As mitocondrias son orgánulos presentes en todas as células eucariotas aeróbicas, nas cales se destribúen de maneira uniforme por todo o citoplasma, e o seu número depende das necesidades enerxéticas da célula. Estes orgánulos son capaces de realizar a maioría das oxidacións celulares e de producir a maior parte do ATP da célula.  Caracterízanse especialmente por presentar o seu propio ADN, e polo seu parecido coas bacterias.

A mitocondria presenta unha ultraestructura, a cal está composta por dúas membranas, que a súa vez teñen dúas cámaras. As partes en concreto deste orgánulo serían:

  • Membrana mitocondrial externa.
  • Membrana mitocondrial interna.
  • Cámara externa ou espazo intermembrana.
  • Cámara interna ou matriz mitocondrial.
  • Partículas elementais , insertadas na membrana mitocondrial interna.

O feito de que os compartimentos mitocondriais teñan distintos complexos encimáticos implica que en cada un deles se realizarán funcións diferentes. Entre as cales están o cicloResultado de imagen de mitocondria de Krebs, a cadea respiratoria, a fosforilación oxidativa, a beta-oxidación dos ácidos graxos, a concentración de substancias na cámara interna…

Pregunta para os meus compañeiros: explica: ¿Por que a mitocondria se parece ás bacterias?

Información pertencente ao noso libro de bioloxía SM.

Resultado de imagen de mitocondria mo

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.