14.Os cloroplastos

Os cloroplastos son orgánulos celulares exclusivos das células vexetais, polo tanto atópanse nas células de algas ou plantas pero non en fungos ou animais.

A súa función consiste en sintetizar pigmentos moi importantes para o correcto funcionamento das células vexetais. É importante tamén na realización da fotosíntese na cal, ademais da transformación xenética, transfórmase a materia inorgánica en orgánica, mediante o ATP  sintetizado a partir da luz solar.

Como podemos comprobar na fotografía anterior,os cloroplastos teñen forma de disco. Pénsase que pode haber entre 40 e 50 cloroplastos por célula. Cada un deles atópase cuberto por unha doble membrana e contén no seu interior unha sustancia denominada estroma, a cal se atopa atravesada por unha rede complexa de discos conectados entre si e que se denominan lamelas. Un dos compoñentes máis importantes dos cloroplastos é a clorofila, uns pigmentos que absorben a luz para levar a cabo a fotosíntese e atópanse pegados ás lamelas.

Comenta unha idea deste artigo.

Información sacada de:

https://www.ecured.cu/Cloroplasto#Estructura

¿Qué es un cloroplasto?

 

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.