14. Aparato de Golgi

O aparato de Golgi é un orgánulo membranoso presente en todas as células eucariotas,agás nos glóbulos vermellos dos mamíferos,só hai un aparato en cada célula.

Este orgánulo está formado por unha ou varias unidades morfofuncionais,os dictiosomas,que constitúen un sistema membranoso formado pola agrupación de varios sacos aplanados e vesículas asociadas.

A estrutura do aparato de golgi está formada

por:

Resultado de imagen de aparato de golgi

Vesículas de transición,situadas cara o retículo endoplasmático rugoso.

Cara proximal,ten forma convexa e está relacionada coa membrana nuclear externa e co retículo endoplasmático.

Cara distal,ten forma cóncava e relaciónase coa formación de vesículas secretoras.

Vesículas secretoras,situadas cara a membrana celular.

As funcións máis importantes do aparato de golgi son:

Glicosilación de lípidos e proteínas.No aparatode Golgi únense oligosacáridos con lípidos e con proteínas.

Secreción celular.Mediante exocitose as substancias que están dentro das vesículas son liberadas,neste proceso prodúcese un aumento da membrana celular.

Mecanismo de transpote golgiano.Actúa na modificación,o empaquetamento,o transporte,a distribución e a secreción de substancias producidas no retículo endoplasmático.

Formación dos lisosomas primarios.

Explica en que células atópanse o aparato de golgi?

Bibliografía

Libro de Bioloxía , Mapas conceptuais, Wikipedia, cancer.gov/diccionario/complejo de golgi.

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.