14. Cloroplastos

Os cloropastos son orgánulos exclusivos das células vexetais. Clasifícanse dentro dos cromoplastos: plastidios cun pigmento que lles dá cor, neste caso a clorofila, de cor verde.

Pódense observar ao micorscopio óptico, sen tinguir e distínguense no seu interior os gránulos. Encóntranse no citoplasma case sempre entre a parede vacuolar e a membrana plasmática. A súa morofoloxía é diversa, poden ser ovoides, lenticulares, en forma de hélice, ou de copa. O seu número e tamaño son diversos.

Os cloroplastos teñen unha ultraestrutura xa que están constituídos de:

-Unha dobre membran: a externa que posúe permeabilidade aos ións e ás grandes moléculas e a interna que é case impermeable pero contén proteínas transportadoras.

-Un espazo intermembranoso.

-Un espazo interior ou estroma: Contén no seu interior unha molécula de ADN circular de dobre cadea e ribosomas (plastorribosomas), é o lugar onde se realizan os procesos xenéticos do cloroplasto e as reaccións escuras da fotosíntese (fixación de CO2, formación de glícidos…). A matriz interna alberga enzimas (responsables da replicación, transición), a máis abundante é a rubisco. Tamén contén formacións membranosas, os tilacoides (aspecto de sáculos aplanados) que se poden encontrar interconectados ou illados, neles realízanse todos os procesos da fotosíntese que requiren luz (formación de ATP e de NADPH+). Sobre a cara externa sitúanse os complexos F1 e os pigmentos fotosintéticos.

CLOROPLASTO                             As súas funcións son a fotosíntese: transforman a enerxía luminosa en enerxía química que pode ser utilizada polos vexetais. Engloba os procesos dependentes e independentes de luz. Tamén reduce os nitratos a nitritos e biosintetiza os ácidos graxos.

Explica onde se produce a fase luminosa da fotosíntese?

Información sacada de:  libro de Bioloxía 2 bacharelato, SM xerme.

 

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.