14, Aparato de Golgi

O aparato de Golgi é un orgánulo que está presente en todas as células vexetais e animais (todas as células eucariotas) e  pertence ao sistema de endomembranas (como o RE, msmbrana plasmática, etc).

En canto as súas funcións, ten moitas e moi diversas, pero as máis importantes son:

  • Formación do septo telofásico nas células vexetais: este fórmase durante a citocinese da mitose, para dividir as dúas novas células fillas.
  • Formación dos lisosomas primarios: estos conteñen unhas enzimas que funcionan de sistema dixestivo.
  • Formación do acrosoma do espermatozoide.
  • Glicosilación de lípidos e proteínas.
  • Modificar, almacenar y exportar proteínas sintetizadas no retículo endoplasmático, estas serán empaquetas en: ou vesículas secretoras (levan ao exterior da célula as protínas para ser liberadas), vesículas de almacenamento ou lisosomas ( as proteínas permanecen no citoplasma ata o momento de ser transportadas).

 

Resultado de imagen de aparato de golgi funciones

Sobre a súa estructura, cabe mencionar que está formado por unha serie de cisternas adosadas, que segundo a súa posición e función son:

  • Cisterna Cis: é a máis próxima ao RER (retículo endoplasmático rugoso) da cal recibe vesículas coas proteínas a transformar.
  • Cisterna intermedia: encóntrase na zona media do aparato.
  • Cisterna Trans: encóntrase hacia a membrana plasmática e ligada ao REL e desta cisterna saen as vesículas de transporte.

Resultado de imagen de aparato de golgi

Bibliografía: o noso libro, wikipedia e significados.com.

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.