14. Mitocondrias

As mitocondrias son uns orgánulos que están presentes en todas as células eucariotas aerobias. Son capaces de realizar a maioría das oxidacións celulares e de producir a maior parte do ATP da célula. Debido ao seu tamaño e ao seu baixo índice de refracción, a súa observación é difícil. Porén, poden visualizarse ao MO cun colorante vital coma o verde Janus.

Ultraestrutura da mitocondria:

Resultado de imagen de ultraestructura de la mitocondria

Ao microscopio electrónico, as mitocondrias obsérvanse formadas por dúas membranas que conteñen dúas cámaras:

  • Membrana mitocondrial externa: limita por completo a mitocondria, a súa estrutura é unha dobre capa lipídica e proteínas asociadas.
  • Membrana mitocondrial interna: presenta cristas mitocondriais.
  • Cámara externa ou espacio intermembrana: entre as membranas externa e interna.
  • Cámara interna ou matriz mitocondrial: contén un material semifluído.
  • Partículas elementais F: complexos de ATP que constan dun complexo F1.

Algunhas das súas funcións son:

  • Ciclo de Krebs.
  • Cadea respiratoria.
  • Concentración de substancias na cámara interna.

Explica algunha outra función das mitocondrias.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.