14. Cloroplastos

Os cloroplastos son orgánulos exclusivos das células vexetais.Teñen diversas funcións,aínda que a súa función principal é realizar a fotosíntese para a obtención de ATP (adenosin trifosfato).Tamén realizan a biosíntese de ácidos graxos (utilizando os glícidos sintetizados, ATP e NADPH) e realizan a reducción de nitratos a nitritos,os nitritos redúcense a amoníaco para a síntese dos aminoácidos e dos nucleótidos.

Tras observar un cloroplasto cun microscopio,obsérvase que están constituídos por unha dobre membrana (externa e interna),tamén observamos que presentan estromas e tilacoides.A  estrutura da membrana externa e interna é moi parecida á que presentan o resto das membranas,sendo a externa a que posúe maior permeabilidade.O estroma contén no seu interior unha molécula de ADN circular de dobre cadea e ribosomas,coñecidos como plastorribosomas,no estroma é onde se realiza os procesos xenéticos do cloroplasto e as reaccións escuras da fotosíntese. Por último os tilacoides son sáculos aplanados que se poden encontrar illados ou superpostos,nos tilacoides realízanse os procesos da fotosíntese que requiren luz.

Resultado de imagen de cloroplastos

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.