13 Transporte

Neste vídeo explícase de forma resumida o transporte celular. O transporte de moléculas de escasa masa molecular lévase a cabo mediante transporte activo ou pasivo (dependendo de se va a favor ou en contra de gradiente e se implica ou non o consumo de enerxía), na maioría dos casos interveñen proteínas da membrana plásmatica. É importante coñecer os termos de difusión e osmose.

 


Que é a bomba de sodio-potasio?

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

One Response to 13 Transporte

  1. marta2bio di:

    É unha proteína transportadora especializada na membrana, bastante común nas células animais, que moven os ións de sodio e potasio a través da membrana plasmática. O ATP fai funcionar a bomba no movemento dos ións desde baixa a alta concentración, movendo os ións de sodio fóra da célula onde se concentran e traendo ións de potasio hacia dentro da célula, onde a concentración é maior que no exterior de esta.