Transporte celular

Déixovos un vídeo onde  se explican de maneira clara e concisa un tema importante como é o transporte celular. O vídeo ademais de explicaren as diferenzas entre transporte pasivo e activo aparece tamén os mecanismos de transporte e as moléculas que os utilizan. Ó  final do mesmo déixovos unha pregunta cuxa resposta aparece claramente.


Cales son as diferenzas entre transporte pasivo é transporte activo?

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

5 Responses to Transporte celular

  1. marta2bio di:

    O transporte pasivo realízase a favor do gradiente e sen consumo de enerxía, mentres que o transporte activo realízase en contra do gradiente e implica un consumo de enerxía.

  2. anton2bio di:

    A principal diferenza é que no transporte pasivo non se necesita enerxía, pero, no activo si que se necesita enerxía.

  3. raul2bio di:

    No transporte pasivo,necesitamos un transportador e no transporte activo,necesitamos engadir enerxía

  4. lauragon2bio di:

    Existen dous tipos de transporte celular: o transporte activo e o pasivo pero existen algunhas diferenzas entre estes.
    O transporte pasivo efectúase a favor do gradiente de concentración e non necesita aporte de enerxía. O transporte activo efectúase en contra do gradiente e necesítase un aporte de enerxía e o traballo dunhas proteínas especializadas chamadas bombas.

  5. isabel2bio di:

    A principal diferenza é a presenza de enerxía no transporte activo, mentras que no transporte pasivo non se necesita.