Valoración Twitter 1º trimestre bac

O obxectivo final , desta tarefa, é que empecemos a usar Twitter para recomendar enlaces dos temas falados na aula, de TICS, comentar, conversar e facer relacións, é dicir, para empezar a crear a nosa PLN. A tarefa estará superada se se observa certa actividade  na túa conta de Twitter. A principio de marzo, deberías:

    • a) Ter publicados, polo menos, 5 chíos propios relacionados cos temas falados na aula neste trimestre e 5 rechouchíos dos xa integrados-publicados en Twitter pero cun comentario personal (2 puntos)
    • b) Ter mencionado entre os chíos propios a 5 usuarios/as novos (dá igual se son respostas, RT ou mencións sen máis).(1 punto)
    • c) Incluír nos chíos propios do trimestre, polo menos en 4 deles, unha ligazón e un texto relacionado (o título, un comentario etc.). (1 punto).
    • d) Incluír polo menos no trimestre 1 chío propio, unha pregunta para que resposten os compañeiros/as. (1 punto)
    • e) Incluír nos chíos propios do trimestre, polo menos en 5 deles, calquera outra etiqueta. (1 punto)
    • f) Seguir a un mínimo de 5 compañeiros/as novos do curso (1 punto).
    • g) Seguir polo menos a un total de 20 contactos adicionais de interese. Crea 1 listaxe con estes contactos. (1 punto).
    • h) Rechouchío dun artigo do blog da biblioteca do IES: (1 punto).
    • i) Respostar polo menos unha pregunta dos compañeiros/as. (1 punto)

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta