2.Compostar

O compost ou a composta é un produto obtido a partir de diferentes materiais de orixe orgánica (lodos de depuración, estiércol, fracción orgánica de residuos sólidos, residuos agropecuarios e outros), os cales son sometidos a un proceso biolóxico controlado de fermentación denominado compostaxe. Posúe un aspecto terroso, libre de cheiros e de patóxeno, empregado como abono de fondo e como substituto parcial ou total de fertilizantes químicos.

A composta úsase en agricultura e xardinería como emenda para o chan , aínda que tamén se usa en paisaxismo, control da erosión, recubrimientos e recuperación de chans.

Para obter un bo compost debes usar, no mínimo tempo, unha gran variedade de materiais, o máis triturados posible. Canto máis triturados estean, máis rápido obterás o compost. Toda a materia que uses debe ser orgánica. É moi importante que mestures materiais de rápida descomposición cos de lenta descomposición.

Evitar: Carne e peixe, produtos derivados do leite, produtos que conteñan fermentos ou graxas.


 
 Comenta como podemos mellorar a compostaxe.

Acerca de nac812

Educador
Esta entrada foi publicada en Bioloxía 1º Bacharelato, vídeos e etiquetada . Garda o enlace permanente.

11 Responses to 2.Compostar

  1. ana1bio di:

    Podemos mellorar a compostaxe empregando terra e restos de froitas e verduras, todo cru. Tamén se pode usar cinzas.

  2. gonzalorod1bio di:

    Para mellorar a compostaxe é mellor empregar unha caixa con saídas de aire, as verduras deben estar crus. Tampouco deberemos usar a carne xa que atrae ratos e finalmente usaremos algo para tapar a caixa como un plástico.

  3. sara1bio di:

    Poñendo antes da primeira capa de terra follas, ramas,etc, e cunha capa de cinza despois da segunda capa de terra.

  4. oscar1bio di:

    Para mellorar a compostaxe, despois da primeira capa de terra pódese botar vexetais. Despois da segunda capa de terra, serven todo tipo de produtos, vexetais, frutas, cáscaras etc., pero produtos elaborados, carne ou pescado non se debe de botar porque pódese podrecer e atraer ás ratas.

  5. pablo1bio di:

    Para mellorar a compostaxe debemos usar unha gran variedade de materiais (crudos xa que se non podería prodecerse e atrar ratas) , o máis triturados posible para obeter máis rápido o compost. É importante mesturar materiais de lenta descomposición cos de rápida descomposición.

  6. uxia1bio di:

    Como podemos mellorar a compostaxe?
    Se queremos obter un compost máis eficiente, canta máis materia orgánica diferente haxa, mellor. Podemos engadir moitas cousas como restos de plantas (paus, follas caídas, todo o sobrante da poda das parras, etc.), mondas e cascas de diversos alimentos (como as patacas e as cenorias) e outros alimentos cultivados que non sexan aptos para o consumo (leituga estropeada, froita que está un pouco pasada, etc.). Incluso podemos engadir o pouso que queda despois de facer o café. Non podemos engadir ao compost ningún tipo de alimento elaborado, nin carne, nin pescado, xa que atraerían a ratas e sería prexudicial para a elaboración do compost.

  7. miguelcastro1bio di:

    Podemos mellorar o compost utilizando unha caixa con salidas de aire, pero que non deixe que a terra nos falle.Antes de poñer a capa de verduras, mondas, etc, podemos poñer restos de plantas, follas, ramas e para rematar pónselle unha capa de cinza por riba da segunda capa de terra.

  8. miguelcor1bio di:

    Nunca podemos poñer comida elaborada, nin carnes nin pescados, xa que acudirían ratas. Tamén se poden colocar ramas de árbores, restos da poda das parras e mesmo cascas de ovo. Despois de poñer a primeira capa de terra, de colocar os residuos e poñer a segunda capa de terra, o ideal sería colocar un ha capa de cinzas, e despois se tapa. Eu creo que é un bo método para facer algo útil cos refugallos orgánicos, obtendo boa terra para cultivar.

  9. paula1bio di:

    Despois de poñer a primeira capa de terra podemos colocar unha capa de restos de plantas, follas e de ramas antes de colocar os restos biolóxicos que vamos a poñer.
    Tamén se podería colocar unha capa de cinzas despois de poñer a capa de terra que se pon por riba dos restos biolóxicos e taparíase.
    Debemos evitar utilizar comida elaborada previamente, carnes e peixes, xa que empodreceríanse e atraerían ás ratas, pero podemos utilizar outros elementos como os pozos do café, as cascas de froitas e ovos, vexetais…

  10. alberto1bio di:

    Pódese mellorar engadindo unha capa de cinza , ovos e diversos tipos de materiais orgánicos . Estes deben engadirse en gran cantidade para elaborar a compostaxe máis rápido . É importante non engadir ningún tipo de elemento cárnico para que non acudan ratas ou outro tipo de animais mamíferos.

Deixa unha resposta