Bioelementos

O tema a tratar hoxe é “os bioelementos” xa que lles dedicamos varias clases pola súa importancia.

Os bioelementos son os elementos químicos presentes nos seres vivos. A materia viva está composta por moitos elementos da Terra menos os gases nobles. Combinados forman biomoléculas (glícidos, proteínas…). Atendendo ás proporcións nas que se atopan nos seres vivos clasifícanse en:

-Bioelementos primarios: Constitúen máis do 95% da materia viva e son imprescindibles. Son o carbono, osíxeno, hidróxeno, nitróxeno e o fósforo.

-Bioelementos secundarios: Son necesarios para a vida das células e aparecen en pequenas cantidades en todos os organismos. Constitúen o 3% dos seres vivos. Son o sodio, calcio, magnesio, cloro e o potasio.

-Os oligoelementos: Atópanse no organismo nun 0,1% . Son esenciais para o bo funcionamento deste. A carencia continuada dalgún pode producir trastornos graves incluso letais. Teñen maioritariamente funcións catalizadoras. Son o ferro, manganeso, cobre, cobalto, iodo…Resultado de imagen de bioelementos esquema

Información: Apuntamentos.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.