Bioelementos

Bos días, hoxe vou falar dos bioelementos:

Que son elemento químicos presentes nos seres vivos, inda que non exclusivos, posto que tamén están presentes na natureza. Tan só 25 son esenciais e indispensábeis en todos os organismos. Os bioelementos clasifícanse es distintos grupos dependendo a súa abundancia:

-Bioelementos primarios. Son seis: C, H, O, N, P e S. Constitúen o 96,2% en peso do total da materia viva. Chámanse primarios porque resultan imprescindíbeis para a formación de biomoléculas(Glícidos, Lípidos, Proteínas e Ácidos nucleicos), fundamentais da materia viva.

-Bioelementos secundarios. Son: Ca, Na, K, Mg e Cl. Constitúen o 3% en peso dos seres vivos. Son necesarios para a vida da célula e aparecen en pequenas cantidades en todos os organismos.

-Oligoelementos. Os máis comúns son: Fe, Mn, Cu, Co, Zn, F, I, Li, Si, Se, V, Mo, B, Br, Cr e Al. Atópanse nos organismos nunha proporción inferior ao 0,1% e son esencias para o bo fundamento deste(función catalizadora).

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.