Bioelementos

Hoxe na clase tratamos o tema dos bioelementos.

Os bioelementos ou elementos bioxénicos son compostos químicos que forman parte, en maior ou menor medida, e que constitúen os seres vivos. Atendendo ás proporcións nas que se atopan nos seres vivos clasificámolos en tres tipos:

Bioelementos primarios:

Son 6 e temos unha regla mnemotécnica para recordalos mellor que é CHONPS (carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, fósforo e xofre).

Bioelementos secundarios:

Son elementos imprescindibles para o bo funcionamento do organismo aínda que a penas constitúen o 3% en peso dos seres vivos. Os máis destacados son calcio, sodio, potasio, magnesio e cloro.

Oligoelementos:

Son aqueles bioelementos  que son esencias para o bo desenvolvemento do organismo pero que se atopan nunha proporción menor ao 0,1%. Algúns dos oligoelementos máis comúns son ferro, cobre ou manganeso.

Resultado de imagen de bioelementos

Fonte: Libro SM bioloxía e apuntamentos de bioloxía.

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada . Garda o enlace permanente.