Bioelementos

Os bioelementos son os elementos químicos presentes en todos os seres vivos.

Dependendo da proporción dos elementos nos seres vivos os bioelementos clasifícanse en:

Bioelementos Primarios:Estes biolementos son indispensables para formar as biomoléculas orgánicas (glícidos,lípidos,ácidos nucleicos e proteínas).Constitúen o 96% da materia viva,os biolementos primarios son o carbono, o hidróxeno,o osíxeno,o nitróxeno,o fósforo e o xofre.

Resultado de imagen de bioelementos

 

 

 

 

 

 

Bioelementos Secundarios:Estes están en menor proporción,un 3%, e atópanse en forma iónica,os máis importantes son o calcio,o sodio, o potasio,o magnesio e o cloro.

Oligoelementos: Están nunha proporción moi baixa, inferior ó 0,1%, pero siguen sendo esenciais para o bo funcionamento do organismo. A función da maioría dos oligoelementos é catalizadora. Non todos os oligoelementos forman parte de todos os seres vivos. Os oligoelementos máis comúns son o ferro,o manganeso,o cobre,o zinc,o flúor,o iodo e o litio.

Bibliografía: Wikipedia e apuntamentos de bioloxía.

 

 

Esta entrada foi publicada en Bioloxía 2º Bacharelato e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.